Presentadas as empresas patrocinadoras da Mostra Terceiro Sector
Dinamizar o mundo asociativo da cidade é o obxectivo principal da Mostra “Terceiro sector: un mundo de vontades”, que se celebrará os próximos 16 e 17 de xuño no parque de Castrelos, organizada pola Concellería de Participación Cidadá de Vigo.
Na mostra participarán medio cento de asociacións que representarán os distintos sectores do movemento asociativo vigués de tipo cultural, xuvenil, social, ecoloxista e veciñal, entre outros.
A organización desta primeira edición da Mostra será posible gracias ó patrocinio de “Caixa Galicia”, “Coca Cola”, “Fomento de Construcciones y Contratas” e “Fujitsu”, pero tamén se contará coa colaboración doutras empresas ou institucións como a “Fundación R” , “Vitrasa”, “Heineken”, “Seragua”, “Global Sales Solution”, “OPAIN” e “Saec Data”.
Durante os dous días que dure a Mostra, o parque de Castrelos vaise converter nun espacio de interacción, no que van confluír as asociacións da cidade, que exporán ó publico en xeral unha múltiple oferta de actividades, amosando ademais o compromiso de solidariedade que xeneran estes colectivos cunha forte presencia na nosa cidade.
Contar coa colaboración de empresas patrocinadoras e colaboradoras é ademais un paso moi importante, xa que logo permitirá tender novas pontes para potencia-la relación coas entidades non lucrativas que cumplen un labor de recoñecido prestixio, pese a que algunhas veces non sexa demasiada coñecido.
A mostra, que se converte na primeira de Galicia, concíbese como un espacio aberto e cheo de propostas para disfrutar de dous días de participación.
Para iso, o recinto contará con postos nos que as asociacións presentarán, con distintos materiais promocionais, unha explicación da súa actividade. Ademais, de forma complementaria disporase de escenarios para a realización de actos e de zonas libres para actividades de animación (infantís, teatrais e obradoiros)
Coa intención última de potenciar aínda máis a relación empresa-entidades non lucrativas, os próximos 8 e 9 de xuño celebraranse no Centro Social de Caixa Galicia, na rúa Policarpo Sanz, unhas xornadas nas que se analizarán distintos temas relacionados coa política das empresas nesta materia.
Nas xornadas participarán representantes do movemento asociativo e tamén do mundo empresarial, e servirán de incentivo para estreitar as relacións entre ámbolos dous sectores.
Actualmente estímase que Vigo conta con preto de oitocentas asociacións, o que a converte na cidade de España cun maior tecido asociativo por número de habitantes.
Descargar todas as imaxes