O Pleno someterá a aprobación inicial o regulamento do Consello de Participación Cidadá
Na sesión ordinaria, que se celebrará o luns 28 de maio, someterase a aprobación inicial o regulamento do Consello Municipal de Participación Cidadá. Trátase dun órgano de colaboración activa naquelas cuestións de interese para as organizacións non lucrativas da cidade e está destinado a facer propostas que lles afecten ós cidadáns, por unha mellora continuada no diálogo, na relación e nos servicios que o Concello de Vigo mantén con estas entidades para incrementar e soster a calidade de vida.
Na mesma sesión, tomará posesión a concelleira do Grupo Municipal Popular María Montserrat Otero Oitavén.
Darase conta do expediente de contratación polo trámite de emerxencia para a realización de traballos de reparación na grada de Río do Estadio de Balaídos e procederanse tamén á iniciación do expediente para o desenvolvemento de actividade económica de producción de enerxía eléctrica no río Oitavén.
Entre outros puntos de interese, someterase á aprobación inicial o proxecto de ampliación de saneamento na parroquia de Saiáns e, definitiva, en San Miguel de Oia. Ademais, está na orde do día a recepción da Edar de Teis e as obras incluídas no proxecto modificado.
Votarase a presentación da proposta de apoio á candidatura das Rías Baixas como subsede dos Xogos Olímpicos 2012 e da declaración de adhesión do Concello de Vigo á campaña europea ”A cidade sen o meu coche” que se celebrará no mes de setembro.
Someterase a votación a aprobación inicial dunha modificación puntual do Pxou nas zonas afectadas polo trazado do primeiro cinto de circunvalación e acceso ó porto de Bouzas.
Neste Pleno da Corporación, tratarase ademais a integración da Coordenadora Comarcal de Equipos de Normalización Lingüística da comarca de Vigo como membro da Comisión Municipal de Normalización Lingüística.