Escoitar

O Concello dedicará 17 millóns de pesetas a financiar cursos e actividades para mulleres

luns, 28 mai 2001
A Concellería da Muller dedicará este ano 17.200.000 pesetas a financiar cursos e actividades destinados a mulleres. A Comisión de Goberno aprobou hoxe as bases do concurso de ideas que se vai convocar para elixir estes cursos, que se incluirán no programa denominado “O noso tempo”.

No concurso de ideas poden participar tanto persoas físicas e xurídicas como asociacións veciñais, culturais ou deportivas. As actividades que poden propoñer terán que estar enmarcadas nalgún dos seguintes eidos: educación física, promoción da saúde, coñecemento do contorno, arte, artesanía ou manualidades que non teñan relación con traballos domésticos tradicionalmente desempeñados por mulleres.

A Obra Social de Caja Madrid colabora co programa municipal de prevención da violencia con menores

O Concello de Vigo colabora coa Fundación Aldaba na execución dun programa de prevención da violencia con menores. A Obra Social de Cajamadrid apoiará ese programa financiando a edición de mil exemplares dun CDRom no que se recollerán as conclusións das Xornadas Municipais sobre Violencia que se desenvolveron recentemente. A aportación será de 2.556.385 pesetas.