Escoitar

A CPTOPV informa desfavorablemente a proposta de recalificación urbanística realizada por Gea para os seus terreos de Coruxo

martes, 29 mai 2001
A Consellería de Política Territorial informou desfavorablemente a proposta presentada polo Grupo de Empresas Álvarez para recalificar os seus terreos de Coruxo. A Consellería ratifica un informe emitido pola Comisión Superior de Urbanismo de Galicia contrario á posibilidade de que se edifiquen bloques de vivendas na parcela.

O informe da CPTOPV fora solicitado polo Consello da Xerencia de Urbanismo como paso previo antes de tramitar a modificación do Plan Xeral de Ordenación Urbana reclamada pola dirección do Grupo de Empresas Álvarez.

A pretensión de GEA era a de que se modificase o PXOU para transformar a súa parcela, cualificada como solo industrial, en solo residencial. A construcción de edificios de vivendas nos terreos permitiríalle á empresa obter o diñeiro necesario para saldar a súa débeda cos traballadores do grupo. Esta operación formaba parte do plan de viabilidade. O Consello da Xerencia consentira en tramitala coa condición de que obtivese o visto e prace da Xunta de Galicia, cousa que non ocorreu.