Lois Castrillo, designado presidente do Padroado da Fundación do Observatorio Urbano do Eixo Atlántico
Constituiuse en Vigo esta mañá o novo Padroado da Fundación Observatorio Urbano do Eixo Atlántico, que preside o alcalde de Vigo, Lois Castrillo. O padroado contará con representantes dos concellos de Vigo, Porto, Santiago, Ourense, Chaves e Braga e cun representante do Consorcio da Zona Franca, entidade que acaba de entrar a formar parte da organización xunto con outros socios de carácter privado.
A Fundación é unha entidade que ten como obxectivo impulsar proxectos de extensión da sociedade da información nos municipios de Galicia e do norte de Portugal. O padroado volverá reunirse o vindeiro mes para aprobar o seu programa de actuación do vindeiro ano e os seus presupostos.
Un dos principais proxectos da Fundación é o de crear sistemas que permitan aos concellos facilitarlle información e xestións a través de internet aos seus administrados. Este proxecto vai ser presentado na asemblea do Eixo Atlántico que se desenvolverá o 3 de xullo en Ourense.