O Goberno municipal acorda propoñerlle ao Celta un protocolo de colaboración para reformar Balaídos
A Corporación municipal de Vigo celebrará un Pleno extraordinario a próxima semana para debater un protocolo de colaboración entre o Concello e o R.C. Celta de Vigo S.A.D. para a remodelación de Balaídos. O protocolo recibiu hoxe o visto e prace do Goberno municipal.
O protocolo que o Concello lle proporá ao Celta pretende establecer o marco de actuación de ámbalas partes no proceso de construcción do novo estadio de Balaídos e de remodelación do seu contorno. O documento parte de que os terreos onde se desenvolverán estes proxectos continuarán sendo de titularidade municipal. Ademais establécese como premisa para calquera actuación que existan alternativas válidas para as pistas de atletismo e para as restantes dotacións municipais situadas na zona.
A proposta de protocolo sinala que o Concello se compromete a realizar as adaptacións urbanísticas pertinentes no planeamento vixente para facilitar a construcción do novo estadio e dun complexo deportivo, hoteleiro e comercial. Os recursos económicos xerados por esta operación deben permitir o financiamento do novo campo de fútbol. Concello e Celta terán que colaborar na realización dos proxectos técnicos e estudios de viabilidade necesarios.
Segundo o protocolo, unha vez determinada a viabilidade do proxecto, o Concello licitaría unha concesión administrativa sobre os terreos, coa obriga para o concesionario da construcción do novo estadio, que se compensaría coa explotación do complexo deportivo, comercial e de ocio.
Descargar todas as imaxes