Vigo acollerá un Consulado Xeral de Portugal
O vicecónsul portugués en Vigo, Manuel Correia, anuncioullo este martes ao alcalde vigués. Caballero louvou o traballo desenvolvido por Correia ao longo dos seus seis anos no cargo, en particular no eido cultural, e ambos pasaron revisión aos asuntos comúns entre Vigo e o país veciño, con especial incidencia na saída sur ferroviaria.
Vigo conta hoxe cun Viceconsulado portugués, encabezado por Manuel Correia, quen informou este martes ao alcalde da decisión do país luso de establecer na cidade un Consulado Xeral, “ao máximo nivel dos que ten Portugal en calquera lugar do mundo”, en verbas de Abel Caballero.
Manuel Correia visitou este martes a Alcaldía para celebrar unha reunión co primeiro edil vigués, entrevista na que pasaron revisión ao traballo feito polo vicecónsul ao longo dos seus seis anos. Caballero aplaudiu o desenvolvemento no ámbito cultural, en particular o Instituto Camoes, e citou o acordo adoptado polos presidentes dos gobernos español e portugués en A Garda para impulsar a saída sur ferroviaria, que conectará Vigo con Oporto e Lisboa en Alta Velocidade, “un fito histórico”, afirmou o alcalde, quen trasladou o seu recoñecemento aos máximos mandatarios de ambos países.