O Concello conxela os impostos no 2022: “Temos que consolidar a recuperación”
As taxas e impostos municipais terán un “incremento nominal cero” o ano que vén. O goberno de Vigo non aplicará o IPC, porque “quero facerlle un xesto á difícil situación económica dos cidadáns”, afirmou Caballero, e para “consolidar a recuperación Covid que está a haber” na cidade. Ademais a cidade aplica exencións fiscais por 17 millóns de euros.