O Concello retira os avisos da praia de Sobreira tras reparar a avaría no colector
O alcalde informou este martes da decisión, logo de que as analíticas practicadas na auga do areal ofreceran un resultado positivo. O sábado se constatou a rotura dun colector xeral á altura da Avenida Ricardo Mella e, por precaución, o Concello desaconsellou entón o baño.

Abel Caballero explicou que o sábado a administración que preside constatou a existencia desta avaría nun colector xeral en Ricardo Mella e deu aviso a Aqualia, empresa concesionaria do servizo de aguas, quen reparouna e “nun día se resolveu o problema”. En todo caso, os carteis desaconsellando o baño na praia de Sobreira continuaron instalados ata este mesmo martes, que serán retirados unha vez o Concello recibiu o resultado satisfactorio das mostras de auga tomadas no areal.