Escoitar

O goberno de Vigo remodela a Primeira Travesía Guixar, en Teis

O Concello está a instalar nova rede de saneamento e canalización de augas pluviais, ademais de construír unha beirarrúa. Trátase dunha rúa “que leva abandonada e deixada da man de deus un par de centos de anos”, afirmou Caballero.

luns, 23 ago 2021
Abel Caballero, durante a visita
Abel Caballero, durante a visita

É “unha humanización nunha zona onde ninguén atendía, ninguén coidaba e ninguén fixo nada de nada en anos”, na zona de Guixar, vía na que o Concello instalará nova rede de saneamento e pluviais, con pozos de rexistro, sumidoiros e colector ao que se contactarán as baixantes das vivendas.

O goberno de Vigo está a construír unha beirarrúa ao longo dos algo máis de cen metros que conta a Primeira Travesía Guixar, de metro e medio de ancho. Tamén se renovará a sinalización horizontal e, nos accesos das entradas particulares de vehículos, se rebaixará a cota da beirarrúa para facilitar o acceso.

Descargar todas as imaxes