Escoitar

A Porta do Sol recibe as primeiras vigas de 18 metros e 163 toneladas

Abel Caballero asistiu este venres á chegada desta “gran peza” que se vai instalar na praza, como parte das obras de construción dun túnel e peonalización da Porta do Sol. O alcalde indicou que os traballos marcha “a ritmo de cruceiro”, co 100% dos micropilotes xa emprazados no tramo da Porta do Sol.

venres, 20 ago 2021
O alcalde, tras asinar a viga co seu nome.
O alcalde, tras asinar a viga co seu nome.

A nova Porta do Sol vai tomando forma. Os traballos continúan nestes momentos coa colocación de oito pórticos formados por piares e vigas de gran tamaño, de lonxitude media de 18 metros e peso total de 163 toneladas. O alcalde informou que a obra van “a ritmo de cruceiro”, con todos os micropilotes listos no treito do túnel da Porta do Sol e con 3.500 metros tamén na zona de Elduayen.

Descargar todas as imaxes