O “Cidade de Vigo” de Piano arranca este martes co concerto inaugural do prestixioso Cyprien Katsaris
A quinta edición do Concurso Internacional de Piano “Cidade de Vigo” se celebra do mércores ao sábado no auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música, co apoio do Concello de Vigo. O recital de apertura, este martes ás 20 horas, corre a cargo do virtuoso pianista franco-chipriota Cyprien Katsaris.
“Esta é a función que seguiremos facendo, potenciando e desenvolvemento a cultura na cidade, nun programa de actuación cultural e musical este verán seguramente único en toda España”, manifestou este luns o alcalde en rolda de prensa, na que presentou a edición 2021 do certame.
Organizada pola Asociación Música Clásica de Galicia coa colaboración do Concello de Vigo, a cita é un dos poucos concursos do mundo sen límite de idade para os participantes, con pianistas procedentes de varios países que interpretarán, nun recital dividido en tres rondas, un repertorio de libre elección.
A primeira ronda terá lugar os días 25 e 26, mércores e xoves, con actuacións dun máximo de dez minutos. A seminal se celebrará o venres 27, cun tope de vinte pianistas e concertos de quince minutos, mentres que os cinco finalistas proporán un recital de ata media hora cada un o sábado, 28 de agosto.