Escoitar

O alcalde destaca o labor educativo do programa “Faro na Escola”

Durante o acto de entrega dos premios desde 2021, Abel Caballero felicitou aos corenta e cinco centros escolares que participaron no proxecto de Faro de Vigo elaborando un xornal “de forma crítica” e trasladou o seu apoio e alento ao profesorado neste ano marcado pola pandemia.

martes, 15 xuñ 2021
O alcalde participou no acto por videoconferencia desde a sede da Femp en Madrid
O alcalde participou no acto por videoconferencia desde a sede da Femp en Madrid

O acto de entrega dos premios “Faro da Escola” de Faro de Vigo celebrouse no Pavillón de Navia con 90 aulas da cidade e da comarca conectadas de xeito telemático e coa participación do alcalde tamén forma virtual.

Caballero felicitou ao alumnado polo traballo que desenvolveron durante este ano no Faro de Escola elaborando un xornal de “forma crítica e analítica” e puxo en valor a “formación educativa importante e a función vital” dun programa destas características porque “isto é vivir o mundo real”. Así, trasladou a Faro de Vigo, os parabéns por esta “iniciativa excepcional” e puxo en valor diante dos escolares que o xornal sexa o “decano da prensa en España, unha institución de acompañamento útil, que informa, transmite e acompaña”.

Amais, o rexedor quixo felicitar ao profesorado que “motiva e acompaña no proceso de elaboración do periódico” ao alumnado, especialmente neste ano tan duro por mor da pandemia do que “imos saíndo” recuperando algo de normalidade grazas á vacinación, sinalou.

Ás nenas e nenos díxolles o rexedor que sigan “estudando, facendo deporte e actividades, retomando a actividade vital”.

 

 

 

O alcalde participou no acto por videoconferencia desde a sede da Femp en Madrid
Descargar todas as imaxes