Escoitar

Caballero: “O Concello aínda non ten notificación da Xunta sobre a ampliación do Ifevi”

O alcalde explicou este martes que O Concello de Vigo xa ten en marcha a notificación individual dos propietarios das fincas a expropiar para a ampliación do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi). Ademais, destacou que o Goberno galego aínda non notificou oficialmente a aprobación da ampliación no Consello da Xunta.

martes, 1 dec 2020

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou este martes en rolda de prensa que o goberno local aínda non ten notificación da Xunta sobre a aprobación da ampliación do Ifevi e sinalou que o Concello está obrigado a notificar individualmente aos propietarios dos terreos a expropiar e publicalo no BOP.

“Xa temos os procesos en marcha pese a que a día de hoxe aínda non temos notificación do aprobado no Consello da Xunta de Galicia do pasado xoves, unicamente temos constancia polos medios de comunicación”, apuntou Caballero antes de engadir que o Concello xa firmou o venres pasado o anuncio e a convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación dos terreos e este luns firmouse o envío ao BOP.