Caballero visitou os cursos de educación vial que imparte a Policía Local no colexio Alba
O rexedor achegouse esta mañá ao colexio Alba no que a Policía Local estaba a impartir un curso para formar ao alumnado en seguridade viaria. A continuación, o alcalde coñeceu as instalacións do centro educativo.
 
                    
            Abel Caballero saudou este xoves a alumnos e profesores do colexio Alba onde o Concello está a formar na concienciación sobre seguridade viaria. A continuación, o rexedor tivo a oportunidade de coñecer de cerca as instalacións e o proxecto educativo que está a desenvolver o centro. 
        
    
                                
                Descargar todas as imaxes