A Laboratorio certifica a calidade das augas das fontes públicas
O Laboratorio municipal, dependente da Concellería de Sanidade e Consumo, realiza catro controis anuais nas 350 fontes públicas para analizar a auga dos mananciais. Unha exposición con paneis explicativos situada na lonxa do Concello ofrece os resultados das medicións efectuadas durante o pasado ano.
O Laboratorio municipal é o único de España que analiza as fontes na súa totalidade porque é algo moi demandado polos cidadáns. A auga das fontes non se considera potable se unha soa análise dá resultados negativos, o que provoca un índice de baixa potabilidade, e nese caso envíanselles por escrito aos responsables veciñais os resultados das mostraxes para que llos comuniquen aos seus asociados.
Considérase que a auga dunha fonte é potable cando tódolos parámetros analizados cumpren a regulamentación vixente nas catro analíticas realizadas no ano. Establécese que non é potable cando algunha das catro analíticas realizadas no ano incumpre o parámetro microbiolóxico, tanto de coliformes totais e fecais, ou químico a través dos nitratos.
Os valores máximos lexislados para os parámetros analizados son ausencia total de coliformes tanto totais como fecais, no aspecto microbiolóxico, 9.5 de ph, un nivel guía de 400 na conductividade, 6 unidades nefelométricas de turbidez, 0,1 mg/litro de nitritos, de 50 mg/litro de nitratos e 0.5 mg/litro de amoníaco.