O espectáculo ”Ulises” inicia o Festival Alternativo de Teatro
A montaxe ”Ulises” da compañía Triángulo Producciones abre a segunda edición do festival de teatro ”Vigo, a outra alternativa”, da Concellería de Festas e Animación Sociocultural. A cita será o venres 7 de febreiro ás 21:30 horas no auditorio municipal.
Ulises é o modelo de viaxe iniciática, a viaxe de volta do vencedor, vencido polos acontecementos. Ulises distrae o tempo, enrédao, non quere volver a esa casa que lle lembrará o que foi, un fracasado máis nun mundo onde o soño americano morreu.
En clave de comedia disparatada e con estética de ”cómic”, cóntasenos a historia dun home, Ulises, que sorteará, ó longo dunha noite, todo tipo de personaxes esperpénticos que convertirán Lavapiés no espello do Universo.
Triángulo Producciones xorde en 1987 a partir de diversos obradoiros teatrais. No 1988 ó fundarse o Teatro Triángulo e dispoñer de sede propia, comeza a identificarse co nome actual. Dende os seus comezos a Compañía preocupouse por realizar montaxes dun vasto contido social, que responden a criterios de contemporaneidade e de expresión ampla dos problemas que atinxen ó home de hoxe.
Intérpretes: J. Luis Checa, Maite Marín, Israel Martín, Pilar Arriola, Marta Tebar
Dramaturxia: Alfonso Pindado
Escenografía: José Vicente Alepuz
Producción: A. Pindado e Triángulo Producciones
O prezo das entradas é de 5 euros e haberá bonos para asistir a tódalas sesións. A venda de entradas realizarase dúas horas antes de cada función na taquilla do auditorio.