Escoitar

Programa buco-dental para pacientes de Cedro

mércores, 5 feb 2003
imx2292.jpg
A Comisión de Goberno do Concello de Vigo aprobou un programa buco-dental destinado a pacientes do Centro Municipal de Atención a Drogodependentes. O Concello concederá axudas económicas aos enfermos para que poidan facer fronte aos gastos derivados do arranxo dentario non cuberto polo sistema público sanitario.

Os problemas bucodentais teñen unha incidencia especial nas persoas que tiveron un consumo prolongado de substancias sicoactivas. Estes problemas afectan á integración deste colectivo e son frecuentemente unha causa de baixa autoestima. A nivel grupal crea unha dificultade de comunicación polo elemento estético, con temor a unha estigmación. A nivel social evidencian graves cargas para lograr a integración socio-laboral, en exemplos tan de cotío como o feito de alugar unha vivenda ou atopar unha actividade laboral. Ademais, nos pacientes seropositivos as infeccións bucais reducen o nivel de eficacia dos tratamentos aplicados.

A necesidade de facilitar a este colectivo de pacientes o apoio económico necesario para facer frente ós gastos é a razon que levan ao Concello de Vigo a desenvolver o programa de axudas descrito.
Descargar todas as imaxes