Electromecánicos unifica os criterios técnicos para a instalación e mantemento do alumeado
As normas de iluminación pública complementan o Plan director de alumeado e establecen criterios técnicos para diminuír a contaminación e fomentar o aforro enerxético.
Especifícase nas normas a preferencia de realizar a instalación lumínica soterrada fronte á aérea ou na fachada. Esta solución é máis cara pero ten maior garantía de seguridade e menor gasto de mantemento, polo que é máis económica, explicou o concelleiro de Servicios Electromecánicos, Henrique Vieitez.
Establece tamén o nivel máximo de iluminación dependendo do tipo de vial seguindo as recomendacións do Comité español de iluminación e do borrador do Instituto para a diversificación e aforro da enerxía en colaboración coas administracións locais.
As medidas tendentes a fomentar o aforro enerxético tomáronse tras detectar un excesivo nivel de iluminación que provoca maior consumo e contaminación lumínica, para o que se delimitou a potencia tanto no alumeado público como no ornamental das campañas de nadal.
O documento recolle tamén normas de iluminación nas urbanizacións como a obrigatoriedade de contar cun proxecto avalado por unha persoa cualificada e visado polo colexio correspondente. Isto garantiza o cumplimento das normas destinadas a urbanizacións privadas que dispoñan de alumeado do que se encargará o Concello do seu mantemento cando entreguen a obra.
Todas estas medidas están encamiñadas a favorecer o desenvolvemento sostible. A Concellería de Servicios Electromecánicos ten un orzamento anual de 3.915.500 euros dos que gasta máis de 1.500.000 euros na factura de consumo.
ESPECIFICACIÓNS TÉCNICAS QUE DEBEN CUMPRI-LAS INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA
CAPITULO 1. XERALIDADES
Esta normativa municipal ten como obxecto establece-las condicións mínimas que deberán cumpri-las instalacións de Iluminación Pública tanto de promoción privada como as executadas directamente polo Concello de Vigo, para poder ser recibidas posteriormente polo Servicio Técnico Municipal, para a súa explotación e mantemento.
Valores luminotécnicos
No proxecto deberán terse en conta os seguintes parámetros:
: Iluminación media en Servicio
: Uniformidades media e extrema
: Deslumbramento perturbador
Os valores luminotécnicos terán que axustarse non só ós criterios fixados polo Concello senón, ademais, cumprir as recomendacións ou normas de iluminación editadas polo Comité Español de Iluminación.
Redes de alimentación
As instalacións de iluminación público realizaranse mediante redes de alimentación en Baixa Tensión soterradas, sobre fachadas ou aéreas, seguindo esta orde de prioridade.
As redes aéreas executaranse unicamente para instalacións provisionais ou cando por causas xustificadas, non sexa viable a alimentación con liñas soterradas ou sobre fachada.
Queda prohibida a instalación aérea, en fachada ou soterrada mediante conductores espidos.
Soportes, luminarias e lámpadas
Como norma xeral, evitarase a colocación de soportes de puntos de luz nas medianas dos viais de tráfico moi intenso.
Os soportes de iluminación a instalar en prazas, parques e xardíns e rúas peonís terán unha altura mínima de 3,5 m.
As luminarias que se instalen en prazas, parques e xardíns e rúas peonís serán do tipo antivandálico.
As lámpadas que se utilicen, en xeral, serán de vapor de sodio alta presión libres de mercurio para a iluminación dos viais, prazas, xardíns e zonas peonís.
A utilización de lámpadas de vapor de mercurio e/ou haloxenuros metálicos deberán ser xustificadas convenientemente polo proxectista, quedando a súa aceptación ou rexeitamento ó criterio do Servicio Técnico Municipal.
Ademais desta normativa municipal, terase en conta a normativa vixente no momento de aprobación, representada na actualidade polas disposicións existentes.
CAPITULO 2. INSTALACIÓNS
Acometida
A acometida realizarase de acordo co Regulamento Electrotécnico de Baixa Tensión e as normas particulares aprobadas da compañía subministradora de enerxía eléctrica, segundo o previsto para este tipo de instalacións.
Centros de mando
Por cada centro de mando deberá existir un só armario xeral o cal deberá ir situado no centro de cargas ou o mais próximo posible a este.
Estará formado por:
1. Unidade de medida
O módulo de medida será trifásico e contará no seu interior, como mínimo, con unha caixa xeral de protección, con bases portafusibles antifraude e un contador electrónico que permita realizar medicións de enerxía activa dobre tarifa e enerxía reactiva.
2. Unidade de protección e mando
O módulo de mando e protección estará preparado para acometida segundo as normas da compañía subministradora.
Estará capacitado para unha potencia de 30 kVA/230/400V., cun mínimo de catro liñas trifásicas de saída: debendo en todo caso quedar sempre unha liña de saída de reserva.
3. Unidade estabilizadora-reductora de tensión
Os equipos a instalar, deberán reunir a lo menos uns requisitos. A modo de exemplo estes seguintes:
: Tecnoloxía de funcionamento na versión Estáticos
: Capacidade mínima 30kVA
: Reducción independente por fase do fluxo luminoso e simultaneamente en tódolos puntos de luz de ata o 50%, mantendo as uniformidades da iluminación e proporcionando un aforro enerxético de alomenos un 40% na reducción máxima.
4. Unidade de Comunicacións
Os equipos de comunicacións a instalar deberán ser compatibles co sistema establecido de comunicación co Centro de Control que deberán de cumprir uns requisitos. A modo de exemplo estes seguintes:
: Soporte de comunicacións por Canal Radio na frecuencia operativa a tal efecto no Concello de Vigo.
: Reloxo astronómico con cálculo día a día do orto e o ocaso e troco automático da hora de inverno/verán.
: Capacidade de envío de alarmas en tempo real de forma automática dende tódolos cadros de mando o Centro de Control e Centro de Operacións do persoal de mantemento, con posibilidade de programación e direccións alternativas.
Redes Soterradas
Gabias
A gabia baixo beiravía, medianas, beirarrúas e xardíns, ben sexan pavimentadas, de chan de terra ou de céspede terán unha profundidade adecuada, de xeito que a xeratriz superior dos tubos de polietileno se atope a unha distancia como mínimo de 40 cm por debaixo da rasante do pavimento, chan de terra ou céspede, e unha anchura de 40 cm, podéndose admitir que a mesma sexa de 30 cm cando existan outras canalizacións ou servicios que dificulten a execución da gabia de alumeado público.
Deberá colocarse unha cinta de sinalización que advirta da existencia da canalización da Iluminación Pública, esta cinta estará situada a unha distancia mínima da rasante do chan de 10 cm. A terminación da gabia executarase repoñendo o tipo de pavimento, chan de terra ou céspede existente inicialmente ou proxectado.
Canalizacións e entubado
As canalizacións discorrerán a unha profundidade mínima de 40 cm, pegadas á rúa pola beira interior da beirarrúa e ó atravesa-los rexistros de recollida de augas pluviais realizarase un encofrado de formigón, para a protección do entubado, a unha profundidade mínima de 40 cm.
A entrada os soportes de iluminación e os centros de mando deberase facer con accesorios adecuados que garanten o curvado dos mesmos.
As canalizacións do alumeado non poderán ser modificadas pola interferencia con outras canalizacións, salvo autorización expresa do Servicio Técnico Municipal.
Arquetas
Estarán realizadas con ladrillo colocado a media asta ou formigón de espesor equivalente.
Deberán existir arquetas sempre nos cambios de dirección, cruzamentos de rúas e a pé do centro de mando.
Deberán ir rotulados:Concello de Vigo, iluminación. Deberán ter o peche do tipo antivandálicos e estarán capacitadas para soportar unha carga mínima de 12 Tm en beirarrúas e 20Tm nas rúas.
A distancia máxima entre arquetas consecutivas será de 100m.
Conductores
Serán de cobre, unipolares, flexibles, con illamento de polietileno reticulado con cuberta exterior de neopreno.
Deberán conectarse tódolos conductores en todas e cada unha das caixas de derivación das columnas de soportes.
Os conductores de cada liña que parte do cadro de mando non poderán ser utilizados por ningún outro circuíto que non pertenza á propia iluminación pública, salvo o destinado ó sistema de rega das zonas axardinadas.
Columnas de soporte
Diferenciase entre 4 tipos de soportes:
: Columnas rectas troncocónicas
: Columnas rectas especiais
: Columnas de gran altura
: Columnas ornamentais
Estes catro tipos de soportes teñen cada un deles unhas características específicas que deberán de cumprir.
En xeral, está terminantemente prohibida a sustentación de elementos tales como pancartas de publicidade, sinais, alumeado do nadal, etc, sobre os soportes da iluminación pública indicados con anterioridade.
Redes sobre fachada
Os conductores serán de cobre e deberán ir grampados na fachada a unha altura mínima de 3 m. e aproveitarán as posibilidades de ocultación que brinden as fachadas, de modo que destaquen o menos posible.
Evitarase a instalación dos conductores por zonas de posibles cerramentos posteriores como terrazas ou balcóns.
Redes aéreas
Os conductores serán de cobre ou aluminio e irán tensados directamente ou sobre neutro fiador segundo sexa a súa sección. Os empalmes de conductores ou trocos de sección só se admitirán nas caixas de derivación ó punto de luz.
A liña aérea situarase nos cruzamentos de rúa a unha altura mínima da rasante de 5 metros.
Fontes de luz
En xeral, utilizaranse lámpadas de vapor sodio alta presión libres de mercurio para a iluminación dos viais, prazas, parques e zonas peonís. A potencia máxima instalable nunca será superior a 1 W/m2.
A utilización de lámpadas de vapor de mercurio e/ou haloxenuros metálicos deberán ser xustificadas convenientemente polo proxectista, quedando a súa aceptación ou rexeitamento ó criterio do servicio técnico municipal.
Posta a terra da instalación
O sistema de posta a terra da instalación deberá ter unha resistencia inferior a 20 ohmios e disporá dun rexistro próximo ó cadro de mando para efectuar as medicións pertinentes.
Todas as liñas de distribución que parten do cadro irán achegadas do seu correspondente conductor de protección, ó que irán conectadas todas as partes metálicas da instalación.
O conductor de protección non poderá ser utilizado por ningún circuíto que non pertenza á instalación propia da iluminación pública.
Alumeados ornamentais
Utilizaranse lámpadas de baixo consumo, así como fío luminoso con microlámpadas e fibra óptica.
Queda prohibida a instalación de lámpadas de incandescencia de potencia superior a 15 vatios.
Os elementos ornamentais, irán ancorados ás paredes das fachadas dos edificios excluíndo polo tanto os balcóns, varandas, etc.
As fixacións ás fachadas serán especiais, para a fácil recuperación do aspecto inicial.
Queda prohibido terminantemente a utilización como soporte os elementos do mobiliario urbano como semáforos, soportes de iluminación pública, soportes de sinalización, etc.
Os instaladores autorizados, serán os responsables directos de calquera desperfecto orixinado como consecuencia da súa actuación.
CAPITULO 3. PROCEDEMENTO
Para a recepción das instalacións da iluminación pública como mínimo será imprescindible a presentación da seguinte documentación:
1. Proxecto Técnico
Deberá estar asinado por un técnico competente e visado polo Colexio Oficial correspondente. Este proxecto deberá conter:
: Memoria das instalacións
: Cálculos eléctricos
: Cálculos luminotécnicos
: Planos
: Estudio básico de seguridade e saúde
2. Certificado de instalación
Selado pola Delegación de Industria e conformado pola compañía eléctrica.
3. Certificado de dirección de obra
Deberá estar asinado por un técnico competente e visado polo Colexio Oficial correspondente. O director de obra será sempre diferente o director do proxecto, e será sempre independente da empresa instaladora.
4. Certificados de garantía de calidade
De tódolos equipamentos e aparellos instalados presentaranse certificados de garantía de calidade expedidos por entidades acreditadas pola administración.
Deberá comunicárselle ó Servicio de Electromecánicos do Concello de Vigo o comezo das obras para efectuar a reformulación das mesmas conxuntamente cos técnicos municipais e que por parte destes poidase facer o seguimento durante o proceso de execución.
É requisito imprescindible para a recepción total da instalación a presentación da acta de Reformulación, asinada polo técnico municipal responsable.
Unha vez rematada a instalación, o instalador autorizado conxuntamente co director de obra, e en presencia dos técnicos do Concello efectuará a medida dos seguintes parámetros eléctricos:
: Resistencia do sistema de posta a terra
: Illamentos
: Caídas de tensión
: Equilibrado de fases
: Factor de potencia
: Niveis de iluminación e uniformidades
Con anterioridade á recepción das novas instalacións de iluminación pública será requisito indispensable a corrección por parte do instalador autorizado de todas as deficiencias ocasionadas sobre as instalacións existentes, así como a conexión das novas instalacións con estes, si fose necesario para darlle continuidade ó servicio.
O prazo de garantía das instalacións será como mínimo de 1 ano a partir da recepción total e definitiva, tomarase como data a da acta de recepción. Fóra deste prazo, estarase ó abeiro da lei de contratación da administración pública no referente ós defectos de vicio que se poidan orixinar nas devanditas instalacións.
Descargar todas as imaxes