O Peri S. Roque inclúe dous aparcamentos, dotacións sanitarias e 19.000 m2 de zonas verdes
O Consello da Xerencia de Urbanismo deu a súa aprobación inicial ao Plan Especial de Reforma Interior de S. Roque, unha superficie de 90.704 m2 delimitada polas rúas Pizarro, Colombia, Couto Piñeiro, Couto de S. Honorato e Vázquez Varela. A tramitación desta figura de planeamento permitirá urbanizar unha bolsa de solo situada en pleno centro da cidade actualmente en estado de abandono.
Un dos obxectivos do Peri é o de promover a rehabilitación do barrio de Ribadavia creando un novo viario interior que garanta un acceso doado a toda esta área. Tamén se busca mellorar a dotación de aparcamentos públicos nunha zona da cidade que sofre unha grave carencia de prazas. Para iso prevese a construcción de dous aparcadoiros soterrados.
O Peri dotará o barrio dun sistema de zonas verdes. En total son 19.112 m2 que se reparten entre a denominada “parcela de Pizarro” e unha alameda que se ubicará de forma paralela ao Couto de S. Honorato. A isto sumaranse outros 3.489 m2 de zonas peonais. Asemade, o novo planeamento reserva 4.252 m2 para a construcción dunha nova dotación sanitaria, que contribuirá a paliar a carencia de equipamentos deste tipo existentes no centro de Vigo.
O Peri vai permitir a construcción de aproximadamente un milleiro de vivendas. Na rúa Pizarro a edificacación terá un corpo central escalonado de acordo coa topografía e dous edificios máis altos nos extremos da parcela. Na fronte do Couto de S. Honorato os inmobles chegarán ás sete alturas, mentres que no barrio de Ribadavia manterase a tipoloxía edificatoria actual, con inmobles de 2, 3 e 4 alturas.
A Xerencia tentará regularizar a situación das torres de Ifer
O Consello da Xerencia acordou principiar a tramitación do expediente para modificar o sistema de actuación por compensación, que prevé o vixente PXOU de Vigo para a Unidade de Execución “Unión Cervecera”, polo de cooperación. Para iso será necesario redactar un proxecto de reparcelación do polígono e tramitalo simultaneamente á modificación do sistema de actuación.
Con esta iniciativa tentarase regularizar a situación das denominadas Torres de Ifer, que non dispoñen de licencia municipal porque os tribunais anularon o Estudio de Detalle aprobado en 1994 e que as amparaba. A irregularidade do planeamento foi corrixida por unha modificación puntual en 1997. Falta agora resolver o problema da xestión da propiedade. Iso é o que se tenta corrixir coa tramitación deste novo expediente.
Descargar todas as imaxes