Escoitar

Obradoiros de cociña polaca, cestería e electricidade nas ‘Noites Vivas’ desta fin de semana

xoves, 6 feb 2003
No programa Noites Vivas da Concellería de Xuventude sobresaen esta fin de semana obradoiros de cociña polaca, cestería, electricidade e decoración de roupa, entre outras actividades. Os novos usuarios poden retira-los seus carnés en cada unha das 8 sedes do programa, a Casa da Xuventude, o Infobús e o Centro Xuvenil da Rúa Uruguai. O seu prezo é de 6 euros e sirve como entrada para todo o ano.

Precisamente estas actividades novedosas, como a cociña polaca, son as que máis expectación despertan entre os mozos e mozas, xa que se detecta maior asistencia ás convocatorias que conlevan certo sentido do humor ou as apostas de acción. “Cómo vivir só e non morrer no intento”, as propostas de cociña creativa ou as técnicas para ligar, concitan bastante atención. A multioferta “Faino ti mesmo”, un “self service” no que cada un pode activarse como mellor desexe, tamén rexistra unha alta participación.

No obradoiro de cociña polaca, disfroitaráse da confección e posterior consumo do famoso postre “Pierogy”, unha especie de empanadiña cocida a base de ovo e pasas. Tamén moi animado prevese o das reparacións eléctricas, no que se practicará empalmando cables, instalando enchufes ou realizando pequenas intervencións domésticas.

As xornadas desenvolveranse o venres e o sábado nas sedes e nos horarios habituais.

Venres

–Castro (21-2 horas): minitorneo de dardos, xogos de mesa, Noites Nivas na Rede: Counter Strike.
–Abertal (17.30-1 horas): Faino Ti Mesmo (móviles, abalorios, marionetas), futbolín, ping-pong, cartas, xogos de mesa, internet.
–Fléming (22-1 horas): obradoiro de cestería, torneo de dardos, internet, sala de xogos.
–Uruguai (22.30-1.30 horas): cociña internacional: Polonia, electricidade básica, self service, internet, sala de xogos.
–Coruxo (23-1.30 horas): internet, futbolín, cine.
–Teis (22.30-1.30 horas): obradoiros esotéricos, sala multiusos.

Sábado
–Castro (21-2 horas): minitorneo de dardos, xogos de mesa, Noites Nivas na Rede: Counter Strike.
–Abertal (20.30-1 horas): obradoiro Decora a túa roupa, futbolín, ping-pong, cartas, xogos de mesa, internet.
–Uruguai (22.30-1.30 horas): cestería, chaveiros personalizados, self service, internet, sala de xogos.
–Coia (23-1.30 horas): bonecos antistrés, balón xigante, xogos de rol.