Saiáns terá autobús urbano cada media hora
O Concello ofrecerá, a partir do luns, servicio de autobús urbano á parroquia de Saiáns cada media hora. Isto suporá unha notable mellora para os veciños desa zona do municipio, á que ata agora os autobuses só chegaban cada hora e media aproximadamente.
O servicio a Saiáns farase por medio das liñas 10 e 12-A. A reforma destas liñas permitirá tamén atender a demanda dos veciños de Coruxo e Canido, que a partir da semana que ven poderán acceder directamente en autobús urbano á praza de América, o que lles permitirá realizar transbordos para calquera outro punto da cidade utilizando o billete de transferencia.
O novo percorrido da liña 10 parte de Saians e pasa pola praia de Canido, Samil, Avda. Atlántida, Tomás Paredes, Castelao, Praza de América, rúa Coruña, Beiramar, praza de Compostela, rúa Pontevedra, García Barbón, Sanjurjo Badía, Bos Aires e remata no cemiterio de Teis. Esta liña ten expedicións ata Cabo Estai.
A liña 12-A unirá Saians co Hospital do Meixoeiro a través de Ricardo Mella, Navia, a praza de América, Pi i Margall, Colón, Gran Vía, praza de España e a estrada vella de Madrid.