Os comerciantes de Vigo debaten sobre a problemática do sector
Representantes do comercio da cidade participaron nun foro de debate, organizado pola Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego a través do seu novo Servicio de Asesoramento a Emprendedores- Comercio (SAE-Comercio), para falar sobre a problemática do sector en Vigo, que estivo moderado polo xerente da Cidade Universitaria, S.A., Rafael Núñez Gallego.
O encontro desenvolveuse no Centro Municipal de Formación en Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación (CITIC), sito na antiga Casa rectoral do Casco Vello.
Esta é a primeira iniciativa que promove o SAE-Comercio desde o comezo da súa andadura, o pasado mes de outubro de 2002, como froito dun convenio asinado no marco do Plan municipal de emprego con Caixanova e que ten como obxectivo contribuír a unha maior promoción, formación e profesionalización do comercio de Vigo. Neste senso, hai que destacar a importancia do sector, non só polo seu peso na nosa economía (cunha cifra anual de negocio de máis de 1.070 millóns de euros e que emprega a unhas 14.175 persoas), senón tamén porque é unha parte fundamental da vida social e da imaxe que o exterior percibe da cidade.
No transcurso do devandito foro de debate coñecéronse as principais inquietudes dos integrantes do sector, establecendo diferentes problemas que afectan ós pequenos e medianos empresarios, como son as novas formas de distribución xeradas polas grandes áreas e pola existencia de Internet, entre outras.
Coa posta en marcha do SAE-Comercio, tanto a Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego como Caixanova, como axentes determinantes da promoción económica da cidade, queren establecer as canles para unha cooperación e colaboración na procura dunha maior profesionalización e dunha imaxe máis coherente do Vigo comercial e dous seus centros. Nesta liña, tamén se pretende potenciar a creación de novos establecementos comerciais, fomentando desde este novo servicio iniciativas de autoemprego.
Descargar todas as imaxes