O pintor Jaime Lameiro exhibe a súa obra na Casa da Xuventude
Na Casa da Xuventude iníciase unha mostra de pintura a cargo de Jaime Lameiro titulada “Vida”. Nesta ocasión a mostra exhibe “a mestura de cores vivas e alegres e a esencia da vida dun cadro”, segundo palabras do autor.
Trátase dunha colección persoal de pinturas deste novo artista que reflexan parte do seu traballo. As obras permanecerán expostas ata o venres 24 de xaneiro e poderán contemplarse de luns a venres en horario de mañás de 10 a 14 horas e pola tarde de 17 a 21 horas na Casa da Xuventude na rúa López Mora nº 31.