O Concello avalía a urbanización de Barreiro en 2,5 millóns de euros
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou de forma definitiva o proxecto de urbanización do Polígono I do Peri 4 Barreiro 2, os terreos que o Concello adquiriu na parroquia de Lavadores para crear unha gran zona verde e diversas equipamentos sociais e culturais. O custo da urbanización estímase en 2.428.601 euros.
O goberno municipal ten a intención de sacar a concurso de inmediato as obras de urbanización para que estas comecen a executarse a primeiros do vindeiro ano. O proxecto aprobado prevé a construcción de viales no contorno dos terreos municipais que den acceso ao parque e ás dotacións que se construirán no seu interior. Tamén se dotará a zona de alumeado público e se construirán redes de saneamento e de augas pluviais.
Barreiro será a gran área dotacional do leste de Vigo. Disporá dunha zona verde de 40.000 metros cadrados, construiranse instalacións deportivas (campo de futbol, piscina…), unha residencia xeriátrica e diversos equipamentos socio-culturais. O planeamento da zona foi consensuado cos representantes das organizacións veciñais do barrio.
Urbanización da Finca Solita
O Consello da Xerencia acordou a exposición pública do proxecto de urbanización do Plan Parcial “Finca Solita”, unha parcela de 26.000 metros cadrados situada en Alcabre. Nese lugar vanse construir vivendas, dotacións para a parroquia e unha área verde con arborado de 2.000 m2. O proxecto de urbanización desta finca prevé a apertura de dous novos viais que unirán o camiño do Freixeiro co camiño da Fonte e a construcción de todos os servicios públicos. O custo estimado da obra é de 580.949 euros.