A campaña que promove a abolición da débeda externa celebrará unha festa co lema ”Eu renuncio”
O concelleiro Santiago Domínguez presentou unha campaña informativa que promove a abolición da débeda externa. Co lema ”Eu renuncio” celebrarase unha festa, organizada pola Rede Cidadá pola Abolición da Débeda Externa, o sábado 12 de outubro ás 22:00 na praza da Constitución na que actuarán Transhumancias (Portugal) e Deggo (Senegal).
O resposable de Cooperación Internacional, Santiago Domínguez, explicou que existe un acordo plenario no que se insta á devolución da débeda exterior e que esta campaña divulgativa serve para concienciar a cidadanía da necesidade de presionar a Comisión europea para tomar a decisión da abolición da débeda cos países subdesenvolvidos.
O Estado español ten débeda de países por un total de 12.078´85 millóns de euros. Entre os países debedores están Palestina, Camerún, Cuba, República Dominicana, Etiopía, O Salvador, Honduras, India, Angola, Somalia, Nicaragua, Perú ou Senegal.
España ten seis debedores entre os dez países máis pobres do mundo e a condonación real desta débeda non superou o 10%.
Descargar todas as imaxes