Escoitar

Vigo acolle o Salón do anticuario

mércores, 9 out 2002
O alcalde, Lois Castrillo, inaugura o Salón do anticuario que se celebra nas instalacións da Estación marítima de Vigo ata o 13 de outubro. Este evento pretende achegar o público ao mundo das antigüidades.

A mostra contará coa presencia de máis de 15 profesionais e está organizada pola Asociación Galega de Anticuarios. Os interesados poderán adquirir reloxos, xoias, pinturas, porcelanas, mobles, esculturas... O obxecto máis antigo que se poderá apreciar é unha talla románica de pedra policromada do século XII que representa unha virxe co neno sentado e que pertence ao Camiño de Santiago.

A Asociación Galega de Anticuarios, que integra 39 profesionais das catro provincias, naceu en 1980 co fin de defender os intereses do sector e loitar contra o intrusismo laboral.