Participación Cidadá pon en marcha un curso de introducción á informática para organizacións non lucrativas
O Plan de Formación para organizacións non lucrativas, da Concellería de Participación Cidadá, incorpora un curso de introducción á informática destinado a aquelas persoas das asociacións que non tiveron ata agora a oportunidade de aprender a manexar e aproveitar estas ferramentas. O curso celebrarase no Centro Cívico de Teis do 14 ao 22 de outubro, de 20 a 22 horas.
As asociacións e entidades non lucrativas cumpren un papel cada vez máis destacado na abordaxe das necesidades dos distintos colectivos sociais e do territorio. As persoas activas nas asociacións poñen ó servicio da comunidade os coñecementos e capacidades propias, ó tempo que aprenden e adquiren outros coñecementos e habilidades, nun proceso onde se van acrecentando as capacidades comúns para abordar as problemáticas que son o seu obxecto de traballo e de loita cotiá.
A Concellería de Participación Cidadá, a través deste Plan de Formación, comprométese con este proceso de fortalecemento das asociacións, apoiando o labor das persoas que, desde as directivas ou o voluntariado, seguen mantendo vivas as distintas iniciativas sociais.
Cada vez máis, as ferramentas informáticas son de uso común en todas a organizacións. Para as entidades non lucrativas supoñen unha ferramenta que permite o acceso a recursos, o intercambio de información, a coordinación con outras entidades e a articulación de campañas e proxectos, entre outras moitas posibilidades.
Máis información no 986 126 010.
Descargar todas as imaxes