Escoitar

A marcha ”Vigo, a golpe de pedal” dará a coñecer lugares de interese da cidade

luns, 7 out 2002
imx1838.jpg
Programa
A concelleira de Turismo, Lilian Álvarez, presentou a marcha ciclista ”Vigo, a golpe de pedal” que pretende facer un percorrido pola cidade disfrutando dos lugares de interese e fomentar o uso da bicicleta como medio de transporte alternativo ecolóxico. A cita será o domingo 13 de outubro ás 10:30 na praza do Rei.

A iniciativa está aberta a todos os cidadáns que desexen participar. A saída será ás 11:00 da praza do Rei e o percorrido discorre polo Casco Vello, zona peonal de Montero Ríos, avituallamento en Bouzas, visita ao porto pesqueiro do Berbés e chegada á praza do Berbés onde se sorteará material dos colaboradores e daranse os premios á bicicleta máis orixinal, o participante máis novo e o de máis idade.

A Asociación Amigos da Bicicleta ”A golpe de pedal”, recentemente constituída, trasladoulle as súas suxestións ao equipo redactor do Pxom. Consideran necesario implementar o uso da bicicleta en combinación co transporte público, a creación de aparcamentos en superficie e soterrados e a creación de circuítos de rodadura para cativos.

CONTACTO
Descargar todas as imaxes