Os mercados de Vigo potencian a súa calidade
A concelleira de Comercio e Turismo, Lilian Álvarez, presentou unha campaña de promoción dos mercados de Vigo dirixida a potenciar a calidade dos mesmos. A campaña, organizada por MERCACEVI e apoiada pola Consellería de Industria e Caixanova, comeza o próximo domingo e ten dúas fases. A primeira ata decembro e a segunda fase céntrase nas datas de Nadal.
O obxectivo da campaña é proporcionar unha imaxe de gran calidade para acadar que o público acuda ós mercados a realiza-las súas compras. Na actualidade acoden ós seis mercados arredor de 60.000 persoas, cifra que se incrementa a máis de 70 mil nas datas do Nadal.
A estratexia que se seguirá na campaña é incentivar o publico cunha promoción en regalar por cada compra un cupón de tipo ”rasca e gaña”, co que se pode gañar un carro para a compra.
O contido das mensaxes xirará o redor do concepto ”calidade cinco carros”, a calidade dos mercados de Vigo. Segundo MERCACEVI trátase dun concepto novo e exclusivo como os cinco tenedores dos restaurantes, ou como os cinco soles dos hoteis.
Descargar todas as imaxes