O Gabinete de Accesibilidade estudia as barreiras arquitectónicas dos novos edificios públicos
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, e representantes do Gabinete Técnico de Accesible visitan esta tarde as instalacións do Museo do Mar de Galicia para coñecer o grao de accesibilidade para as persoas con minusvalías. Esta acción forma parte das visitas que están a realizar membros do Gabinete, a edificios públicos de nova construcción da cidade de Vigo, co fin de estudia-la accesibilidade dos mesmos e propoñer, se é o caso, as correccións a esas deficiencias.
A primeira visita foi ó novo edificio administrativo da Xunta de Galicia resultando da mesma a realización dun exhaustivo estudio sobre o grado de accesibilidade e as barreiras atopadas. Unha das máis salientables é a nova situación do centro Base de Discapacitados que pasará a localizarse no segundo andar deste edificio coas dificultades que isto traerá a tódalas persoas con discapacidade que teñen que pasar por alí. A segunda visita realizouse o pasado 4 de xuño ó Museo de Arte Contemporánea MARCO atopando pequenas deficiencias de corrección sinxela.
O Gabinete unha vez realiza as visitas elabora un informe, que envía á persoa responsable do edificio, sobre as barreiras atopadas e as solucións propostas.
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, considera que este tipo de estudios e supervisións é importante de cara a conseguir que, alomenos nos novos edificios, a accesibilidade sexa total.