Ana Gandón asistirá en Porto á recepción oficial do programa “Compartimos as cidades”
A concelleira de Educación, Ana Gandón, trasladarase o xoves 3 de outubro á Cámara Municipal do Porto para asistir á recepción oficial do intercambio ”Compartimos as cidades” no que participan 89 escolares vigueses.
O programa ”Compartimos as cidades”, organizado polo Servicio de Normalización Lingüística e a Concellería de Educación, desenvolve un intercambio de escolares vigueses no que participan 89 rapaces de 10 a 14 anos acompañados de 17 profesores.
Alumnado do IES Teis, CEIP Pombal, IES Valentín Paz Andrade e CEIP Mosteiro realizará un paseo en barco polo río Douro, gravará un programa en vídeo, participará nun programa científico e nunha representación teatral, ademais de visitar lugares de interese tanto da cidade como dos seus arredores.
O programa ”Compartimos as cidades” é un dos froitos do protocolo de colaboración asinado entre os alcaldes de Vigo e Porto. Con ese acordo perséguense estreitar os lazos entre as dúas cidades ampliando os eidos de colaboración e organizando intercambios culturais e educativos como o realizado no mes de maio deste ano, cando estiveron os escolares portuenses participantes en Vigo.
O Concello de Vigo e a Cámara Municipal do Porto son partidarios de continuar promovendo actividades que favorezan o achegamento dos cidadáns destas dúas cidades como unha forma de garantir a colaboración futura e facendo que as xeracións máis novas se coñezan e relacionen.
Descargar todas as imaxes