Escoitar

Continúa o plan de mellora do pavimento das rúas de Vigo

mércores, 2 out 2002
O Plan de Mellora do pavimento das rúas de Vigo, posto en marcha polo goberno municipal, continuará esta semana coa reposición do aglomerado asfáltico do camiño de Quirós, na parroquia de Sárdoma. Por ese motivo pecharase ao tráfico ese vial mañá xoves e o venres entre as 8:00 e as 20:00 horas.

O Concello de Vigo inviste un millón trescentos mil euros neste plan co que se persegue acondicionar o pavimento daquelas ruas da cidade que teñen o firme en peor estado.

A pasada fin de semana rematou o asfaltado da rúa Álvaro Cunqueiro. Recentemente tamén se renovou o pavimento da rúa Mantelas. En próximas datas acondicionaranse outros viais como Filipinas, Antonio Cominges, Camilo Veiga, a Avda. de Balaídos ou Sanjurjo Badía.