Escoitar

Ultímase o II Plan de igualdade de oportunidades das mulleres de Vigo

martes, 1 out 2002
imx1815.jpg
Consello Municipal da Muller
A concelleira de Muller, Ana Gandón, presentou no Consello Municipal da Muller o borrador do II Plan de igualdade de oportunidades das mulleres de Vigo elaborado en colaboración co departamento de Socioloxía da Universidade de Vigo.

As áreas específicas de intervención nas que se vai centrar este plan son educación e emprego, pezas claves na loita contra a violencia de xénero. Preténdese levar á práctica unha educación afectiva e sexual que sexa quen de desterrar os estereotipos sociais que favorecen as conductas violentas e mais a intervención para mellorar o nivel formativo cara a incorporación no mercado laboral facilitando a independencia económica e persoal, cuestións básicas para erradicar as situacións de violencia e malos tratos, tanto no ámbito doméstico como laboral.

Con este plan quérense diminuír as desigualdades educativas que se sustentan no xénero e se manifestan a través do currículo e da segregación na elección de estudios e profesións, así como apoiar a formación das mulleres adultas e os servicios comunitarios que socialicen a atención á infancia.
Descargar todas as imaxes