Escoitar

O camiño do Regueiro terá sentido único a partir do martes

luns, 30 set 2002
O camiño do Regueiro terá, a partir do martes 1 de outubro, sentido único de circulación dende Pintor Colmeiro ata a rúa Ourense.

A Concellería de Circulación e Transportes adoptou esta medida porque o devandito vial é demasiado estreito como para que poidan cruzarse dous vehículos con comodidade. Ata agora mantíñase o dobre sentido pola falta dun vial que dese saída aos vehículos que ascendían pola rúa Ourense. A recente apertura da nova rúa que comunica Ourense con Vía Hispanidade facilita a circulación pola zona e permite implantar o sentido único no camiño do Regueiro.