Mulleres maltratadas reclaman maiores medidas de control para os agresores
![imx1806.jpg imx1806.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal_antigo/noticias/opt/imx1806.jpg)
A Coordinadora de mulleres contra a violencia ”Ovarias” realizou unha intervención no Pleno da Corporación para expoñer a súa intención de instalar instrumentos electrónicos de localización nos agresores con sentencia de alonxamento. Ademais, demandarase a adopción de medidas oportunas que garantan escolta para as mulleres ameazadas que o soliciten.
A presidenta de ”Ovarias”, Ángeles Martínez Fernández, describiu no seu relatorio que cada membro deste colectivo xa foi capaz de denunciar que os seus maridos ou compañeiros as golpeaban, ameazaban, insultaban e humillaban. Logo de denuncialos foron capaces de marcharen das súas casas a vivir cos seus fillos na Casa da Acollida. Foron capaces de enfrontárense a un fiscal que considera a vida de torturas que viven como unha falta e de enfrontárense á xente que segue pensando que algo farían. Cando os xuíces dan unha orde de alonxamento recoñecen que non dispoñen de medios para facela cumprir, explicou Martínez.
Descargar todas as imaxes