Escoitar

A Casa das Artes acolle unha exposición filatélica sobre o III centenario da Batalla de Rande

martes, 1 out 2002
imx1812.jpg
Inauguración da mostra
A Concellería de Cultura, en colaboración co Grupo Filatélico de Vigo, organiza unha mostra conmemorativa do III centenario da Batalla de Rande e do 50 aniversario da sociedade promotora. A Dirección Xeral de Correos e Telégrafos concedeu un mataselos conmemorativo do evento.

”O Vigo do século XX xogou un papel destacado no movemento filatélico en España e na Península Ibérica. Isto foi posible gracias ao traballo anónimo e desinteresado das tres xeracións que dirixiron o Grupo Filatélico de Vigo”, afirmou Príncipe. A exposición poderá visitarse na Casa das Artes ata o 6 de outubro de 2002.

Medallas do Grupo Filatélico de Vigo

En 1966, baixo as siglas de Sefimar-66 (Semana Filatélica do Mar), realiza unha medalla que representa a Neptuno, Deus do Mar, acuñada en bronce, prata e ouro, executada nos talleres dos artistas Irmáns Hernández.

Con motivo da Festa da Reconquista, en 1971, celébrase unha mostra filatélica e acúñase unha medalla da Reconquista, na xoiería Ramón Fernández.

Vigo, primeira visión de Picasso na súa marcha de Málaga con destino á Coruña, celebra unha exposición filatélica ao aire libre, como homenaxe a Pablo Ruiz Picasso, cunha medalla-esmalte, obra dos Hernández.

En 1975, o decano dos pintores galegos Carlos Sobrino, cumple 90 anos, segue pintando e a entidade filatélica réndelle homenaxe e edita unha medalla en esmalte, creación dos Hernández.

A VIII Exposición Filatélica de Galicia celébrase en Vigo e recorda con outra medalla esmaltada, obra dos mesmos artistas, cun primeiro plano dos peiraos da ribeira e ao fondo a silueta do novo Pazo Municipal, o onte e o hoxe de Vigo, unidos nesa impronta medallística.

Con motivo de celebrarse en Vigo o VIII Congreso Iberoamericano de Fauna, emítese unha medalla de prata, co símbolo da águia, emblema do Parque Zoolóxico da Madroa (hoxe Vigozoo), creación de Ramón Fernández no ano 1977 cunha exposición filatélica.

Neste mesmo ano, dentro do programa de festas de Vigo, nova exposición de arte, homenaxe ao pintor vigués José Frau, recordado con medalla esmalte, dos Hernández.

Ramón Fernández acuñou un facsímil do anverso da moeda inglesa co nome de Vigo para conmemorar outra exposición numismática.
Descargar todas as imaxes