Escoitar

O proxecto Compás da Mancomunidade favorecerá a inserción laboral dos desempregados

xoves, 3 out 2002
imx1825.jpg
Fernández e Brea
O delegado da Mancomunidade, Delfín Fernández, e o subdirector de Caixanova, Guillermo Brea, asinaron un convenio de colaboración polo que a entidade financeira achega a cantidade de 71.375 euros para desenvolver un programa de inserción laboral que beneficiará a 1.200 desempregados da área intermunicipal.

En total serán 600 desempregados os que recibirán unha actuación personalizada para mellorar as condicións que lles permitan acceder a un posto de traballo. Ademais da orientación e información, recibirán accións formativas e realizarán prácticas en empresas destinadas a súa capacitación.

A aportación de Caixanova, xunto coas dos demais socios locais do Compás (Mancomunidade, CCOO, UGT, CIG, CEP e Deputación) suporán o financiamento do 25% do custo do proxecto que engadidas á subvención económica do Fondo Social Europeo supón unha cantidade de preto de 3.000.000 de euros para o programa.

O Compás conta cun equipo técnico integrado por sete persoas que realizan as xestións necesarias para establecer o sistema de inserción que se porá en marcha no mes de decembro. Os perfís dos beneficiarios son desempregados dos concellos integrados na Mancomunidade, cunha antigüidade mínima no paro dun ano, menores de 25 anos e maiores de 45, nun 60% mulleres e en risco de exclusión social.

Habilitarase un centro para desenvolver este programa no edificio Asefal e debido á amplo ámbito territorial do proxecto disporase de dous centros máis situados nos concellos de Redondela e Porriño que facilitarán o traballo coas persoas desempregadas de fóra de Vigo.
Descargar todas as imaxes