Castrillo pide que non se supedite o proxecto do AVE Vigo-Portugal a un acordo sobre o trazado Madrid-Lisboa
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, pediulle hoxe ao Goberno central que non supedite a construcción da liña ferroviaria de alta velocidade entre Vigo e Portugal a un acordo sobre o trazado do AVE entre Madrid e Lisboa. Castrillo reacciona deste xeito ante a noticia da falta de acordo entre os gobernos español e luso respecto ao trazado da liña do AVE que debe unir os dous países.
O cumio hispano-portugués que se desenvolve en Valencia non permitiu que os gobernos de ámbolos países acadasen un acordo sobre a construcción da liña de alta velocidade que deberá unir Lisboa con Madrid. O alcalde vigués teme que esas discrepancias retrasen un proxecto sobre o que o executivo luso si manifestou unha decidida vontade de levalo adiante: a conexión de Porto coa fronteira galega. Castrillo pide que non se supedite a execución do proxecto Vigo-Porto a un acordo sobre o trazado Lisboa-Madrid. Por iso reclámalle ao Goberno español que comece de inmediato a redactar o proxecto para enlazar Vigo con Portugal a través da alta velocidade ferroviaria.
Castrillo considera que, habendo unha clara posición do Goberno portugués a prol desta conexión, o Ministerio de Fomento non debe retrasar máis o proxecto do AVE Vigo-fronteira portuguesa.