Declaración do Consello Económico e Social sobre os Presupostos Xerais do Estado
O Consello Económico Social de Vigo reuniuse na tarde de onte para tratar sobre os investimentos que recibe a cidade nos Presupostos Xerais do Estado, aprobando a seguinte declaración:
Avaliar positivamente o trato que o Concello de Vigo recibe nos Presupuestos Generales del Estado en canto aos investimentos que se refiren ao “Segundo cinto de circunvalación” e á “Plataforma loxística do Puerto” a ubicar no Concello de Salvaterra de Miño. Non obstante o CESV entende necesario que se especifique, para a súa mellor consideración e estudio, o destino concreto ao que se asignarán os 6.627.610€ que constan no código do proxecto 2001.17.31.0975 denominado “Actuaciones de Seguridad Vial en Galicia”.
Asimesmo, sen prexuizo de observar carencias de investimentos en infraestructuras imprescindibles para a riqueza e o desenvolvemento futuro da cidade, –A.V.E. e Aeroporto entre outras-, o CESV declara a sua preocupación polo feito de que os presupostos examinados non recollan unha resposta clara e definitiva a unha problemática que a día de hoxe constitúe unha necesidade e prioridade ineludible e que demanda unha solución no prazo máis breve posible –curvas de Tameiga na autovía Vigo-Porriño.
Descargar todas as imaxes