Escoitar

A Corporación ratifica a declaración do CES sobre os presupostos do Estado para Vigo

luns, 7 out 2002
imx1834.jpg
Sesión plenaria
O Pleno da Corporación municipal aprobou, por aclamación, a declaración do Consello Económico e Social sobre investimentos previstos para Vigo nos orzamentos xerais do Estado.

Avaliouse positivamente o trato que o Concello de Vigo recibe nos Presupuestos Generales del Estado en canto aos investimentos que se refiren ao “Segundo cinto de circunvalación” e á “Plataforma loxística do Puerto” a ubicar no Concello de Salvaterra de Miño. Non obstante o CESV entende necesario que se especifique, para a súa mellor consideración e estudio, o destino concreto ao que se asignarán os 6.627.610€ que constan no código do proxecto 2001.17.31.0975 denominado “Actuaciones de Seguridad Vial en Galicia”.

Así mesmo, sen prexuízo de observar carencias de investimentos en infraestructuras imprescindibles para a riqueza e o desenvolvemento futuro da cidade, –A.V.E. e Aeroporto entre outras-, o CESV declara a súa preocupación polo feito de que os presupostos examinados non recollan unha resposta clara e definitiva a unha problemática que a día de hoxe constitúe unha necesidade e prioridade ineludible e que demanda unha solución no prazo máis breve posible –curvas de Tameiga na autovía Vigo-Porriño.
Descargar todas as imaxes