Escoitar

Deportes presenta o curso ”Practicando márketing deportivo” en colaboración coa Universidade

martes, 8 out 2002
imx1840.jpg
O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, e o vicerrector de Extensión Universitaria, Óscar Rubiños, presentaron o curso “Practicando márketing deportivo” que se impartirá o 18, 19, 25 e 26 de outubro de 2002. Este curso valídase por un crédito de libre elección.

Este curso, eminentemente práctico e participativo, pretende iniciar os asistentes nas técnicas e estratexias máis concretas do márketing aplicado ao deporte. Está coordinado por José Ángel Otero Lamas (I.M.D. Concello de Vigo) e Javier Rial Boubeta (Servicio de Deportes. Universidade de Vigo).

Está dirixido a directores e responsables de centros deportivos, xestores de empresas que comercializan e ofrecen productos e servicios deportivos, responsables de entidades deportivas, directivos e técnicos que colaboran na organización de clubes, estudiantes universitarios de Educación Física, alumnos de TAFAD, titulados e interesados en xeral en aspectos relacionados coa xestión do deporte.

Entre os obxectivos xerais do curso está achegar o márketing e as súas técnicas e recursos como elemento esencial para unha eficaz comercialización de productos e servicios en empresas de servicios deportivos, clubes e asociacións, eventos deportivos, introducir estratexias para a promoción da imaxe da entidade, presentar as técnicas para a captación de colaboradores e patrocinadores.

A elaboración de proxectos de patrocinio, de planos de comunicación, de preparación do club para as accións de márketing, recursos humanos e satisfacción de consumidores e usuarios son outros dos contidos do curso.

Matrícula

Nº Prazas: 60
Horario do curso: venres de 18:00 a 22:00 e sábados de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30.
Prezo: 90 €, desconto do 50% para membros da comunidade universitaria e clubes con sede social en Vigo
Lugar: Edificio Coca Cola (Begano S.A. ) Avda. de Madrid. Xunto ao Centro Comercial Alcampo
Prazo de inscrición: ata o mércores 17 de outubro
Validación: 1 crédito de libre elección

Vigo: 986 813626 - Secretaría dos Cursos de Extensión Universitaria (Rectorado)
Vigo: 986 813902 - CACTI (Rexistro)
Pontevedra: 986 801955 – Fac. Ciencias Sociasis (Rexistro)
Ourense: 988 387103 – Unidade Administrativa do Campus (Rexistro)

MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes