Rapaces vigueses desenvolven a súa creatividade artística na Escola de Teatro Municipal
A Escola de Teatro Municipal de Vigo, da Concellería de Educación, principiou o novo curso escolar no que están inscritos 70 rapaces de 8 a 17 anos, ademais dos adultos que acoden ás clases do ciclo de arte dramática. Os cativos reciben formación para desenvolver a súa creatividade artística, os asistentes a arte dramática buscan fundamentos teóricos, técnicos e prácticos para a actuación e impártense, ademais, cursos monográficos e de especialización de carácter intensivo.
Os rapaces están divididos en cinco grupos e asisten dous días á semana ás clases. O alumnado de arte dramática acode de luns a venres de 16:30 a 20:30 horas. Entre os obxectivos xerais desta escola están coñecer as técnicas do teatro: formar profesionais para o teatro, cine e televisión ou fomentar o desenvolvemento da creatividade artística.
No ciclo de arte dramática impártese Filosofía e Historia da Arte, Literatura dramática, Interpretación, Formación corporal e verbal no primeiro curso. No segundo curso dáse Literatura dramática II, Historia do teatro, Interpretación II e Prácticas escénicas. En terceiro hai Historia do teatro III, Interpretación III e Prácticas escénicas II.
Teñen tamén especial importancia as actividades complementarias, extraescolares e paralelas, tanto para completar a formación do alumnado como a dinamización da escola. Un segundo obxectivo destas actividades é a proxección da escola na sociedade e as súas relacións exteriores.
Descargar todas as imaxes