O Pxom reserva espacio para a creación da Cidade da Xustiza
O Concello de Vigo creou a comisión de traballo para o seguimento da Cidade da Xustiza, na que están representados os grupos municipais. O coordinador do Plan Xeral de Ordenación Municipal, Daniel Pino, explicou que no documento do avance xa se reservan máis de 5.000 m2 arredor dos xulgados para futuras dotacións.
No proceso de debate do documento do Pxom estimarase se abonda con esa superficie prevista ou se é necesario reservar algunha máis para a ampliación dos xulgados.
É previsible que o novo edificio de xulgados inaugurado en 1999, cunha superficie de 8.000 m2, requira novos espacios debido á entrada en vigor de novas leis que levan aparellada unha nova tipoloxía de xurisdicción descoñecida no momento da súa construcción.
Está en previsión a asignación de novos órganos xurisdiccionais en Vigo, en concreto un novo xulgado de familia, a creación de xulgados de mercantil ou a creación dun instituto forense.
Descargar todas as imaxes