Escoitar

Castrillo asegura que Galicia se xoga o liderado europeo no eido da pesca se prospera a reforma da PCP

xoves, 10 out 2002
imx1849.jpg
Castro, Castrillo e Fernández
Lois Castrillo, afirmou que se os líderes europeos queren cohesionar Europa teñen que respectar o potencial pesqueiro de Galicia. O alcalde de Vigo cre que se se aproba a proposta de reforma da política comunitaria de pesca, poríase en perigo o liderado galego no sector pesqueiro. Castrillo realizou estas afirmacións no acto de apertura da ”Xornada sobre a repercusión da política pesqueira común en Galicia” que se desenvolve na nosa cidade.

”O sector pesqueiro ten suficiente apoio social para sentirse con forza no Parlamento europeo e só falta o apoio institucional do Goberno español para que Bruxelas comprenda que existe un país con tradición pesqueira para o que sería un golpe nefasto aprobar a reforma proposta en Bruxelas”. Vigo defende a pesca responsable, a conservación de caladoiros e, ao mesmo tempo, o dereito a conseguir cotas de captura xa que Galicia dispón historicamente de man de obra e tecnoloxía punta neste sector. Neste sentido, explicou que a política comunitaria mantén desaxustes territoriais e sociais que non favorecen a integración social en Europa.

”Vigo volverá responder no momento no que o sector pesqueiro se vexa ameazado, polo que é o momento de facer comprender en Bruxelas a importancia que ten para nós esta actividade económica”, dixo o alcalde.
Descargar todas as imaxes