Inaugúrase unha nova Unidade de Traballo Social no Casco Vello
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, inaugurou a nova Unidade de Traballo Social situada na praza da Princesa. Este ano o departamento de Benestar Social realizou máis de 197.000 intervencións, con máis de 4.000 novos usuarios a través das súas oito unidades.
Sío destacou que se está reorganizando o departamento co obxectivo de optmimizar os recursos humanos e os materiais dispoñibles. A Concellería pretende pasar das oito unidades de traballo social existentes a doce, co incremento de persoal e a reestructuración organizativa.
Comezouse a reubicar a Unidade de Traballo Social de Lavadores coa de Rivera Atienza e continuarase coa de Coia para unha mellor distribución da información e dos recursos humanos. O novo centro atenderá o Casco Vello e a zona centro da cidade, nun intento por dignificar os recursos sociais.
Descargar todas as imaxes