Filósofos reflexionarán en Vigo sobre a globalización
”A globalización e a sociedade do benestar” centrarán os relatorios das XII Xornadas de Filosofía de Vigo que organiza conxuntamente a concellería de Cultura e o Grupo Aletheia e que se celebrarán entre o 15 e 18 de outubro no auditorio municipal. A xornadas, de acceso libre e gratuíto, debateran a globalización dende puntos de vista sociolóxico, económicos, culturais e filosóficos.
Os relatores intentarán responder a preguntas como ¿Hai que sataniza-la globalización? ¿Aporta, verdadeiramente, aspectos positivos á sociedade? ¿Cal é o futuro das culturas e dos mercados locais nun mundo globalizado? ¿Como se desenvolve a educación, como sobrevive o pensamento baixo a globalización? ¿Que din os filósofos sobre a globalización?
A Filosofía non é un marco teórico e estático. A Filosofía ten unha responsabilidade social co entorno no que se desenvolve. Así queda plasmado polas Xornadas de Filosofía de Vigo ano tras ano, dende hai doce edicións ofrecen un punto de reflexión sobre os aspectos que máis preocupan ós cidadáns. A globalización convertese no referente de análise nesta duodécima edición, a través de sete relatorios e unha mesa redonda.
Programa da xornadas
15 de outubro, martes
: 18.00: “A IDEA DE DEMOCRACIA E A GLOBALIZACIÓN”
Jesús Mosterín.
Filósofo, catedrático de Lóxica e Filosofía da Ciencia na Universidade de Barcelona. Membro do Consello Superior de Investigacións Científicas.
: 20.00: “A GLOBALIZACIÓN FINANCEIRA. O GOBERNO DOS MERCADOS E O MERCADO DOS GOBERNOS”.
Ramón Febrero Devesa.
Catedrático de Economía Aplicada da Universidade Complutense de Madrid.
16 de outubro, mércores
: 18.00: “A ASPIRACIÓN Ó BENESTAR”
Jesús Mosterín.
: 20.00: “CON GLOBALIZACIÓN OU SEN ELA, AS ASPIRACIÓNS ECONÓMICAS DAS MULLERES”.
María Ángeles Durán. Catedrática de Socioloxía e profesora de investigación no Consello Superior de Investigacións Científicas.
17 de outubro, xoves
: 18.00 Mesa redonda: “GLOBALIZACIÓN E BENESTAR”
Ramón Febrero Devesa. Catedrático de Economía Aplicada
Victor Moro Rodríguez. Licenciado en Empresariais. Foi subgobernador do Banco de España e Director Xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación no goberno de Adolfo Suárez.
Jesús Zamora Bonilla
: 20.00 : “O RETO DA CIENCIA ANTE A GLOBALIZACIÓN”
Jesús Zamora. Profesor titular de Lóxica e Filosofía da Ciencia da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED)
18 de outubro, venres
: 18.00: “IMPLICACIÓNS ÉTICAS DUNHA SOCIEDADE GLOBALIZADA”
Ferrán Requejo Coll. Doutor en Filosofía. Enxeñeiro Industrial e licenciado en Historia Moderna e Contemporánea
: 20.00: “GLOBALIZACIÓN, IGUALDADE, EDUCACIÓN”
Emilio Lledó Íñigo. Premio Nacional de Ensaio. Catedrático emérito de Historia da Filosofía na UNED. Membro do Instituto Internacional de Filosofía de París.
: 22.00: Clausura.