Vigofeira contará con 250 expositores e servirá de escaparate para o comercio galego e portugués
A concelleira de Turismo, Lilian Álvarez, presentou a IX Feira Multisectorial e Especializada de Galicia que se celebrará do 26 de outubro ao 3 de novembro no Ifevi. Nesta edición participan un total de 250 expositores dos sectores da industria, o comercio e servicios de Galicia e norte de Portugal.
A incorporación de novas empresas verbo da realización no 2001 dá conta da consolidación de Vigofeira como unha gran feira de feiras. Así, no recinto desenvolveranse asemade o IV Salón do Moble, dedicado á decoración e ao interiorismo: a VII Pasarela Galicia, amosando as creacións de novos deseñadores: ExpoGalaecia, mostra de turismo, artesanía e gastronomía: e o Salón Capacidade 2002 sobre as axudas técnicas a discapacitados.
De xeito paralelo, celebraranse unhas xornadas de sensibilización social respecto á problemática das persoas con minusvalías o 28 e 29 de outubro. Os relatorios estarán a cargo do xefe de Servicio de Equipamentos e Promoción da Accesibilidade da Dirección Xeral do Maior e de Persoas con Discapacidade da Consellería de Asuntos Sociais, Josep Arenas Ponsa, e do presidente da Confederación de Minusválidos de Galicia, Domingo Dosil.
Como novidade en relación a anteriores edicións de Vigofeira, ampliouse o número de días de duración pasando de cinco a nove. Doutra banda, durante a súa celebración prográmanse días centrados en temas como a Mancomunidade de Cámaras Municipais do Val do Minho, o comerciante, o empresario e a homenaxe á Confederación de Empresarios de Pontevedra, por mor do seu 25 aniversario, os maiores ou o consumidor.