Escoitar

O Concello colabora na recuperación e posta en valor da microtoponimia nas parroquias

Un protocolo de colaboración asinado entre Concello de Vigo, as comunidades de montes de Cabral, Comesaña, Candeán e Zamáns, ademais da Entidade Menor de Bembrive, facilitará a recollida e posta en valor da micro toponima nestas parroquias para evitar a perda desta riqueza patrimonial. Tal e como afirmou o rexedor, a aportación municipal é de 16.000 euros, e contrataránse 3 persoas para facer o traballo de campo.

mércores, 5 set 2012
1346851852toponimia.JPG
Abel Caballero asinou hoxe mércores un protocolo de colaboración coas comunidades de montes de Cabral, Comesaña, Candeán e Zamáns, ademais da Entidade Menor de Bembrive para recoller e poñer en valor a microtoponimia das parroquias da cidade. Cun investimento municipal de 16.000 euros, explicou Caballero, contrataránse tres persoas para facer un traballo de campo que permita preservar esta riqueza patrimonial. Editarase un libro de cada unha das parroquias e, previsiblemente, o primeiro deles publicarase este mesmo ano.
Descargar todas as imaxes