Vigo conta este curso con 500 prazas en escolas infantis con finanzamento municipal
O Concello de Vigo adica 1,4 millóns de euros na oferta de preto de 500 nas seis escolas infantís que financia totalmente e na que ten conveniada co Consorcio Galego de Benestar, a da rúa Palencia. O alcalde avanzou hoxe mércores que os centros de Casiano Martínez e Tomás Alonso abrirán as súas portas o 28 de setembro, mentres que as de Santa Cristina de Lavadores, Atalaia, Santa Marta e Costeira-Saiáns empezan a funcionar mañá.
As escolas infantis de Santa Cristina de Lavadores, Atalaia, Santa Marta e Costeira-Saiáns abrirán mañá as súas portas ofertando un total de 302 prazas ás que se suman as 41 da escola da Galiña Azul da rúa Palencia Concello, dentro do Consorcio Galego de Benestar e na que o Concello contribúe con 74.000 euros anuais, o 30% do custo. Tal e como explicou o alcalde de Vigo aos medios de comunicación, o próximo 28 de setembro organizarase unha xornada de portas abertas nos novos centros de Tomás Alonso e Casiano Martínez, co que, a partir dese momento, se incoporarán outras novas 144 prazas de garderías infantís na cidade. Polo tanto, resumiu, o Concello ofrece en torno as 500 prazas con finanzamento 100% municipal o "que supón un incremento dun 40% o número de prazas que había nesta cidade". Esta oferta supón un investimento de 1,4 millóns de euros.
No tocante aos prezos destes centros municipais, detallou, o prezo máximo que se pode pagar é de 124 euros, mentres que nas da Xunta esta cifra pode incrementarse ata os 230 euros. Os centros municipais teñen un 50 por cento de alumnos exentos, subvencionados na súa totalidade polo Concello que, de media, sufraga o 86 por cento do custo.
Respecto dos libros de texto, lembrou que no "hai tres anos e medio, cando gobernaba Touriño, eran gratis, agora hai que pagalos", destacando que o Concello atende a 571 beneficiarios "polo que suplimos unha responsabilidade da Xunta de Galicia", aseverou.